PONTEVEDRA> De ridículo espantoso. Así tacha o PP a xestión que fixo o Concello de Pontevedra co proxecto de peonalización de Monte Porreiro, que acaba de ser retirado. Os populares acusan ao goberno local de non escoitar ós veciños e de mentirlles. Rafa Domínguez tamén anunciou que vai manter un encontro con representantes do Mirador para escoitar as súas propostas. O presidente desta asociación veciñal, por certo, formalizou hoxe a súa solicitude para reunirse con Lores e o concelleiro Demetrio Gómez.
A Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro solicitou hoxe no Concello de Pontevedra unha reunión co alcalde e o Concelleiro de Mobilidade. Demetrio Gómez ve con bos ollos ese encontro para falar “cara a cara” –dixo- do futuro do barrio. Tamén confirma que o que se paraliza alí é o conxunto do proxecto previsto, isto é, a peonalización e tamén as outras medidas de reordenación do tráfico.
Tamén os populares de Pontevedra terán unha reunión coa asociación O Mirador a comezos da semana que vén. O seu líder cre que o goberno local fixo o rídiculo coa xestión deste proxecto dende os seus inicios. Pide investimentos urxentes na zona e que non se abandano aos veciños.
Di Domínguez que esta non é a única zona da cidade sometida a unha falta de investimentos e abandonos. Como exemplo, cita A Parda, A Seca, Campañó ou Mollavao.