Poio acolle a exposición “orixe” centrada en reivindicar o oficio da cantería

POIO> Poio presenta a exposición de cantería “Orixe” no claustros Mosteiro da vila. A mostra inaugurarase o sábado cinco e está composta por creacións de exalumnos da escola de cantería da vila. Ademais de mostrar a súa arte, os creadores tamén quere reivindicar que a súa profesión conte cun título oficial.

Un dos oficios máis tradicionais da nosa terra é a cantería. Unha profesión que en Poio ten unha das escolas máis prestixiosas que existen. Para homenaxear a historia do centro e poñer en valor o oficio, o Mosteiro de Poio presenta a exposición “orixe”.

A mostra recolle parte das creacións de 20 exalumnos da escola de cantería.

A exposición non está enfocada só a homenaxear a escola e poñer en valor a cantería, se non tamén a reivindicar que a profesión conte co seu propio título homologado.

Dende o concello mostran o seu orgullo por poder contar coa escola de canteiros e invitan aos visitantes e veciños a que se acheguen a visitar a exposición. A exposición estará dispoñible no Mosteiro do Poio dende o 5 de febreiro ata o 23 de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí