Circuitos grupais por toda a península, a proposta de InterRías para a reactivación do turístico

SANXENXO>Viaxes InterRías presentase de novo en Fitur cunha gran oferta turística. Entre as súas promocións destacan os circuítos grupais por toda a península. Dende a axencia sinalan a importancia da celebración da feira para buscar a reactivación do sector e a confianza dos visitantes.

Un stand que nunca falla en fitur é o de Viaxes InterRías. A axencia do Salnés desprázase a Madrid para mostrar as súas ofertas nunha feira vital para o sector do turismo. Dende a compañía destacan a importancia deste evento para recuperar a confianza dos visitantes.

Dende Viaxes Interrías buscan atraer aos clientes garantido a seguridade da comunidade galega.

A axencia presentase en Fitur cunha ampla promoción turística na que destacan os circuítos grupais por toda a península.

Dende o concello de Sanxenxo tamén resaltaron a importancia para a vila de que Viaxes InterRías estea presente en Fitur. Tamén destacaron a gran aportación de InterRías para o sector turístico de Sanxenxo.

Tanto o concello como Viaxes InterRías destacaron a gran afluencia de visitantes da que está gozando o stand da axencia. Confían en que isto sexa un indicativo de que Sanxenxo recuperarás as altas cifras de ocupación este verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí