Galicia promociónanse en Fitur como destino seguro

MADRID> Arrancou Fitur 2021. Os Reis inauguraban oficialmente esta mañá a 41 edición da Feira Internacional de Turismo, en Ifema-Madrid. Este ano co lema ‘Especial Recuperación Turismo’. E Galicia, como non, está taménmoi presentenafeira. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inauguraba hoxeo stánd de Galicia, promovendo a nosacomunidade coma destino seguro, nun ano especial, marcado polo Xacobeo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inauguraba esta mañá o stánd de Galicia en Fitur. Acompañado do Vicepresidente primeiro e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e coa presenza do alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeyda, ademais doutras autoridades, realizou un percorrido polas instalacións, nas que destaca unha simulación do Camiño de Santiago, ouunha réplica a tamaño real do famoso botafumeiro da catedral, onde as autoridades non dubidaron en fotografarse…Unha evocación clara ó principal reclamo turístico para atraer turistas este ano a Galicia, como é o Xacobeo.

Aproveitouse o acto para facer entrega a Galicia do premio que FITUR e a revista ‘Aire Libre’ lleconcederonó programa de desestacionalización da Xunta ‘Elixe Galicia’coma mellor producto de turismo activo.

Tamén se achegou ata o stánd de Galicia a Ministra de Turismo, Reyes Maroto,facéndose a foto oficial xuntoóxa famoso botafumeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí