VILAGARCIA> Tres detidos en Vilagarcía e Catoira nunha operación contra o narcotráfico. A intervención da EDYCO e da EDOA saldouse coa incautación de medio quilo de cocaina e 300 gramos de heroína. O operativo realizou rexistros en diferentes puntos da Ría de Arousa.
As forzas de seguridade do estado volveron a realizar unha operación contra o tráfico de drogas na Ría de Arousa. Ao redor das 20 horas do mércores, os efectivos da EDYCO e da EDOA comezaron un operativo no que se realizaron numerosos rexistros por toda a zona. As intervencións dos axentes en terra foron seguidas dende o aire por ata dous helicópteros da Policía Nacional.
O operativo precipitouse cando Javier Vázquez, coñecido como o Marqués, foi interceptado en Brión. No seu vehículo os axentes localizaron medio quilo de cocaína e 300 gramos de heroína. A partir de aí comezaron unha serie de rexistros que se centraron principalmente en Vilagarcía e Catoira. Nestas vilas as forzas de seguridade do estado realizaron dúas detencións máis.
Javier Vázque é un vello coñecido dos axentes policías. No momento da detención atopábase detido xa que actualmente estaba ingresado no Centro de Inserción Social Carmen Avendaño. A operación segue aberta e non se descartan máis detencións.