Deputación e Concello melloran a estrada EP 0506 ao seu paso pola estación da Portela de Barro

BARRO> A deputación de Pontevedra reforma a estrada EP 0506 ao seu paso por Barro. A intervención permite mellor a seguridade viaria na contorna da estación da Portela así como as redes de saneamento e pluviais. O proxecto tivo un custo de 330 mil euros.

A deputación de Pontevedra mellorou unha das estradas máis concorridas da provincia de Pontevedra, a EP 0506 ao seu paso por Barro. A intervención, demandada polo concello, facíase necesaria nunha zona con moito tránsito tanto de peóns como de vehículos. O proxecto tivo un custo de 330 mil euros e mellorou máis de 3 quilómetros e medio de estrada.

Dende o concello mostraron a súa satisfacción polo resultado da obra, especialmente pola incorporación ao proxecto dun paso de peóns elevado na contorna da estación de tren da Portela. Unha petición do goberno local.

A actuación da deputación tamén permitiu mellorar a rede de pluviais, e aproveitando as obras, o goberno local tamén emendou os problemas da rede de saneamento.

Con esta mellora da seguridade viaria na EP 0506, o goberno local considera que os proxectos máis importantes das estradas provinciais están todos executados. Aínda así, Deputación e concello continuarán colaborando para desenvolver máis proxectos na vila como a mellora da estrada de San Amaro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí