Xuntos por Barro maniféstase contra a localización escollida para construír o novo centro de saúde e critica o acordo entre Xunta e concello

BARRO> Xuntos por Barro maniféstase xunto con veciños ás portas do centro médico da vila en contra da localización que terá o novo ambulatorio. Dende a formación sinalan que o proxecto que queren realizar xunta e concello non beneficiará aos veciños ao atoparse nunha zona céntrica, sen zonas de estacionamiento e próxima á N-550. Piden que o novo centro de saúde se constrúa en outros espazos máis abertos como os terreos próximos ao tanatorio.

O proxecto de construción do novo centro de saúde de Barro pactado entre a Xunta e o concello non convence a toda a veciñanza. Dende Xuntos por Barro consideran que a localización escollida dará moitos problemas á veciñanza.

Este xoves manifestáronse diante do centro médico actual con pancartas a favor do novo ambulatorio pero non na localización escollida. Na concentración estiveron presentes veciños que tamén critican a elección.

Dende Xuntos por Barro propoñen outras localizacións como os terreos próximos ao ambulatorio.

A formación critica que o proxecto do novo centro de saúde é unha pantomima da Xunta e do concello.

Landín incluso vai máis alá e sinala que Rueda está detrás deste proxecto por motivos persoais contra el.

Dende Xuntos por Barro aseguran que continuarán protestando e mobilizándose para que Barro conte cun novo centro de saúde nunha localización que beneficie a toda a veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí