Galicia fala da reactivación do sector turístico tralo seu paso por Fitur

MADRID> Galicia pechou hoxe os tres primeiros días na feira de turismo Fitur en Madrid. E faino cun balance moi positivo a pesar da actual situación sanitaria, cunha importante afluencia de visitantes e boas expectativas de negocio.

Terceiro día de feira. Tempo máis que suficiente para facer un balance moi positivo do papel de Galicia nesta 41 edición de Fitur. A cita converteuse nunha oportunidade para a nosa comunidade de recuperación dunha actividade económica de gran importancia como é o turismo, un dos sectores máis afectados pola pandemia.

Ademais de turismo seguro, cunha oferta ampla e variada, a Xunta continua coa promoción do dobre Ano Xacobeo, como principal reclamo para atraer visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí