O pleno de Pontevedra rexeita a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións do BNG

PONTEVEDRA> Non haberá comisión de investigación para analizar as presuntas irregularidades nas contratacións do concello de Pontevedra. Só o Partido Popular votou a favor da súa moción, que se atopou coa oposición de BNG e PSOE e a abstención do edil non adscrito. Os populares falan de escurantismo.

O Partido Popular quedou só no pleno celebrado esta mañá. A súa moción na que reclamaba a creación dunha comisión investigación para estudar as contratacións do concello de Pontevedra non saíu adiante.

Segundo Domínguez, a oposición de BNG e PSOE a crear esta comisión demostra que hai cousas que ocultar. Acusou ao goberno de “escurantismo”.

Dende o BNG defenden que a honradez do seu equipo de goberno está demostrada e contrastada.

Mosquera afeou con dureza a Domínguez que sinale persoas que non están na vida pública e na política para montar as súas acusacións.

O edil non adscrito, Goyo Revenga, optou pola abstención.

Pola súa banda, o Partido Popular abstívose  á hora de aprobar unha modificación de crédito de case 15 millóns de euros proposta por BNG e PSOE. Finalmente, os votos do equipo de gobernó foron suficientes para sacar adiante a incorporación destes remanentes de tesourería ao  orzamento do concello para o 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí