Cambados entrega os premios aos tres mellores viños do 2020

CAMBADOS> O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas entregou os premios aos mellores viños do 2020. O acto celebrado no Parador de Cambados contou coa visita de varias autoridades e as adegas gañadoras. As premias destacaron a importancia para as vendas que suporá este recoñecemento.

O Parador de Cambados acolleu a entrega de premios ás adegas gañadoras da Cata Concurso das Festas do Albariño. O acto contou coa presencia das autoridades e das adegas gañadoras. Entre elas a primeira clasificada, Noelia Bebelia, unha adega con pouco recorrido e a primeira de Soutomaior en recibir este galardón. Dende a compañía, aínda non o crían.

As adegas premiadas destacaron a importancia que este galardón terá para as súas vendas. Tamén explicaron as claves dos seus viños.

Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas destacaron a importancia de promoción que a cata ten para os adegas. O seu presidente quixo resaltar a gran calidade dos viños da DO.

Esta excelencia tamén a resaltou a alcaldesa de Cambados.

No acto tamén estiveron presentes a directora xeral de turismo, Nava Castro, e a Deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias. Ambas destacaron a importancia do sector vitivinícola para o turismo, a economía e a sustentabilidade do rural. Unhas calidades que converten aos viños da DO nun dos máis demandados a nivel nacional.

O conselleiro aproveito o acto para mostrar o seu apoio ao sector vitivinícola. Un apoio que se ve reflexado na estratexia para a dinamización das comarcas vitivinícolas.