Os hostaleiros, ao límite: “seguimos siendo señalados y sacrificados”

PONTEVEDRA> Pontevedra pasou onte ao nivel máximo de restricións. Tras avaliar a evolución epidemiolóxica da Covid, o comité clínico decidiu que este municipio debía endurecer as súas medidas. Unha delas volve a afectar directamente á hostalería, xa que nos locais soamente se poderá usar o 50% da capacidade das terrazas.

Eles volven a ser un dos grandes prexudicados das novas medidas antiCovid. Pontevedra pasará este xoves ao nivel máximo de restricións, o que obrigará a pechar o interior dos locais de hostalería e a utilizar unicamente o 50% da capacidade das terrazas.

As previsións meteorolóxicas dos vindeiros días parecen non ser moi favorables para que os clientes se senten nunha terraza. De feito, os hostaleiros están convencidos de que se estas medidas seguen así, a meirande parte deles terán que pechar definitivamente.

Rafa foi un dos hostaleiros que peregrinou a Madrid o pasado mes de decembro en busca de solucións reais para este sector. Así e todo, esas solucións nunca chegaron e parece que así vai a seguir sendo nas vindeiras semanas.

Os hostaleiros están fartos de que se lles criminalice pola evolución epidemiolóxica da Covid e están cansados tamén de que as administracións fagan oídos xordos as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí