Elimínanse as restricións ás reunións sociais nas vivendas e nos espazos públicos

GALICIA> Novo paso cara a normalidade en Galicia. O presidente da Xunta explicou que estamos xa na fase final da pandemia, polo que o goberno autonómico decidiu relaxar gran parte das restricións que afectaban ás reunións sociais. Así, a partires da medianoite do sábado non haberá límite á agrupación de persoas nos domicilios ou nos exteriores, e quedará sen efecto a prohibición dos encontros máis aló da unha da madrugada.

As restricións ás reunións sociais reláxanse en Galicia a partires desta fin de semana. Dende a medianoite do sábado non haberá límite á agrupación de persoas nin en domicilios privados nin nos exteriores.

Tamén quedará sen efecto a norma que prohibía as reunións de non conviventes entre a 1 e as 6 da madrugada. Precisamente a unha será o horario de peche para calquera local de hostalería, independentemente da súa licenza. O que si se manteñen son as limitacións nas reunións.

Para poder pechar á 1 da madrugada, bares e cafeterías deberán instalar medidores de CO2, como xa fixeron no seu momento os restaurantes.

A vindeira semana o comité clínico abordará unha revisión integral de toda a regulación das actividades afectadas pola covid19, como a hostalería, a cultura ou o deporte.

Segundo Núñez Feijóo, estas decisións veñen respaldadas polos datos. Onte mesmo Sanidade anunciou que a partires do sábado non quedará ningún concello nos niveis máximo e alto de restricións por covid19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí