Un incendio calcina a cabina dun camión en plena autovía do Barbanza

POBRA> Gran susto o que se levou o condutor deste camión que comezou a arder na autovía da Barbanza, na saída norte da Pobra do Caramiñal, á altura da Mercé.

Foi o propio condutor o que deu aviso ós equipos de emerxencia que rapidamente se achegaron ata o lugar para proceder ás labores de extinción.

Nos traballos participaron unha dotación de bombeiros do parque comarcal de Boiro, Policía Local da Pobra e Garda Civil de Tráfico.

Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais, aínda que os materiais si foron cuantiosos, pois a cabina do camión quedou totalmente calcinada.

Polo de agora descoñécense as posibles causas do incendio, aínda que todo apunta a un fallo eléctrico como principal orixe do mesmo.