A Xunta de Galicia saca a licitación as obras da primeira fase do Gran Montecelo por un importe de 115 millóns de euros

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia publicou hoxe a licitación das obras da primeira fase do Gran Montecelo por valor de 115 millóns de euros.

Todas as empresas interesadas teñen ata o 8 de xuño para presentar as súas ofertas.

Cabe recordar que estas obras teñen un prazo de execución de 42 meses e a intención da administración autonómica e comezar cos traballos este mesmo ano.

A actuación basease na construción dun novo edificio. Este estará unido ao resto das instalacións e nel centralizaranse servizos como á area de urxencias, a unidade de coidados intensivos ou as especialidades de maior complexidade.

Con estes traballos, o Gran Montecelo pasará a contar con 120 camas máis. Por outra banda, aumentarase nun 92% o número de salas e postos de urxencia e nun 49% os postos no hospital de día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí