CAMBADOS> Cambados mobilízase na praza Dolores del Valle para conmemorar o día do orgullo. O alcalde e a concelleira de igualdade leron un manifesto para mostrar o seu apoio ao colectivo LGTBIQ+. Destacan a importancia de educar na diversidade e igualdade para que se respecte e se naturalice a todas as persoas á marxe da súa condición sexual ou de xénero.
O concello de Cambados volveu a mostrar un día máis a súa implicación coa igualdade e a diversidade celebrando o día de orgullo. Nun acto realizado na praza Dolores del Valle, membros do goberno local e da corporación municipal acompañados pola veciñanza leron un manifesto en apoio ao colectivo LGTBIQ+.
Dende o concello sinalan que o día do orgullo non ten que ser só un día, se non todo o ano. Tamén destacan a importancia de que se impliquen as diferentes administracións.
Segundo a concelleira de igualdade, as iniciativas que se están levando a cabo en todo o país permiten que pouco a pouco se vaian dando pasos, pero advirte que aínda queda moito camiño por andar.
Dende o concello tamén advirten da perigosidade de novas correntes discriminatorias que fomentan o odio, por iso van a continuar realizando actividades a favor da igualdade e do respecto. Nas vindeiras datas terá lugar na vila a festa da diversidade e unha nova edición do simposio LGTBIQ+ no mes de Outubro.