Dous mariñeiros falecidos tras emborcar o seu barco preto de Cedeira

PORTO DO SON> Esta tarde falecían dous mariñeiros do cerqueiro ‘Siempre Güeto’ con base no porto sonense de Portosín. O suceso producíase, ó redor das dúas do mediodía.

O barco, que regresaba xa a porto despois de participar na campaña do bocarte, emborcou por causas aínda por determinar preto da costa de Cedeira.

No cerqueiro ían dez mariñeiros. Nove deles, un deles grave, foron rescatados por varios barcos que se atopaban tamén pola zona. O outro mariñeiro que continuaba desaparecido foi recuperado horas máis tarde das augas, pero xa falecido.

O outro tripulante en estado grave, que fora rescatado, falecía horas máis tarde no hospital da Coruña a onde fora trasladado.

Un duro e novo golpe para unha localidade como é Porto do Son moi vinculada ó mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí