VILAGARCÍA> A fundación La Caixa inaugura en Vilagarcía a exposición itinerante “Empieza el espectáculo, George Melies y el cine de 1900”. A mostra intenta devolver aos espectadores aos inicios do cine a través do creador dos efectos especiais.
A fundación La Caixa regresou a Vilagarcía cunha nova exposición itinerante. Nesta ocasión a mostra titúlase “Empieza el espectáculo, George Melies y el cine de 1900”. Dende La Caixa buscan con esta obra trasladar ao espectador aos inicios do cine.
A exposición é tamén unha homenaxe a Giorge Melies. Artista considerado como o creador dos efectos especiais no cine.
O obxectivo da Fundación La Caixa e traer a ano tras ano a Vilagarcía unha proposta cultura de interese para toda a veciñanza. Ademais a fundación tamén colabora con outros proxectos no municipio.
Dende o concello celebraron a presenza da exposición que aumenta a oferta cultura da vila. A mostra súmase ao Vilagarcía cidade do Libro e ao festival do ClasClas que está preto de comezar. Os interesados en coñecer os comezos do cine poderán achegarse á explanada da Autoridade Portuaria ata o 20 de xullo.