O GROVE> O futuro de Thenaisie complícase aínda máis. Dani acaba de retira-la súa oferta para facerse coa conserveira meca. A situación é cada vez máis complicada e o tempo xoga en contra. Con todo, na CIG non dan a batalla por perdida. Segundo avanzan, nestes momentos hai tres posibles compradores, dous galegos e un valenciano, que poderían acabar salvando a planta de Rons.
O tempo esgótase para salva-la conserveira Thenaise. Nas últimas horas, Dani protagonizou un novo xiro na xa de por si complicada situación da planta meca. A empresa retirou a súa oferta de compra que garantía só a continuidade de 12 empregados.
Dani argumenta que a retirada da oferta débese a causas obxectivas que converten a operación en inviable. Un argumento que non convence á central nacionalista.
A CIG recoñece que os prazos para salva-la planta de Rons están a correr en contra. Con todo, non dan a batalla por perdida. Avanzan que hai tres posibles investidores, dous galegos e un valenciano, interesados en Thenaisie. Segundo din, polo de agora, co compromiso de intentar mante-los 150 postos de traballo. Ante este novo escenario, amosan un optimismo moderado.