A Ecobrigada de Amicos rehabilita un xardín botánico das Adegas Granbazán

VILANOVA> A Asociación Amicos rehabilita un xardín botánico da adega Gran Bazán. Nos traballos participaron 25 membros da asociación durante dous meses. A adega inaugurou unha placa no espazo como recoñecemento ao traballo de Amicos.

A Asociación Amicos demostra cada día que as persoas discapacitadas están cualificadas para o mundo laboral. E o mellor exemplo é a Ecobrigada. Un equipo formado polos membros da asociación para a realización de obras forestais, xardinería, mantemento e reformas. Uns traballos cos que contou a Adega Gran Bazán para rehabilitar un xardín botánico da súa propiedade.

Os participantes traballaron durante dous meses realizando tarefas de xardinería e a obra.

Dende a adega inauguraron unha placa en homenaxe a asociación polo traballo realizado.

Ao acto acudiron os representantes do goberno vilanovés que agradeceron que as súas empresas conten coa asociación Amicos para realizar os seus traballos.

A asociación agarda que máis empresas contacte coa Ecobrigada para demostrar que están capacitados para realizar calquera traballo.

O xardín rehabilitado será utilizando pola Adega Gran Bazán como un punto de esparexemento  para as súas visitas guiadas e tamén para a realización de eventos. A adega recibiu hai uns días o selo de calidade da empresa Bayern e agradeceu a Amicos a súa colaboración na obtención do distintivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí