O remate das obras na ponte do Campo de Noia é cuestión de días

NOIA> O executivo noiés confía en poder rematar nos próximos días as obras da ponte do Campo de Noia. Ademais da mellora estética, a actuación, que incluíu a construción dunha nova rotonda, mellorará considerablemente a circulación nesa zona de entrada e saída a vila.

O rexedor noiés referiuse a que a actuación suporá unha transformación importante na  fachada marítima, tanto no aspecto estético como na fluidez do tráfico nesa zona.

A estas obras súmase tamén a recente adxudicación por parte da Xunta da instalación dun novo peitoril na ponte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí