Os arroces máis ‘altánticos’ volven a Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo réndese ao sabor do arroz. Mañá comeza a sexta edición da xa tradicional Semana Gastronómica do Arroz que, como sempre, ten lugar no Gran Talaso Hotel. O Chef José Antonio Álvarez repite á fronte dos fogóns deste evento no que o arroz fusionarase con mariscos e outros produtos típicos das Rías Baixas.

Esta imaxe é xa unha tradición coa que se dá a benvida ao verán no concello de Sanxenxo. A Semana Gastronómica do Arroz regresa ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo por sexto ano consecutivo. A cita arranca mañá e prolongarase ata o vindeiro 4 de xullo.

O chef galego José Antonio Álvarez, xefe de cociña do Gran Talaso Hotel e responsable durante unha década dunha das arrozarías máis importantes da zona, repite á fronte dos fogóns para estas xornadas, con grandes clásicos e outras apostas máis innovadoras e sorprendentes.

O arroz fusiónase con mariscos e outros produtos típicos das Rías Baixas.

O menú ten un prezo de 33 euros por persoa, e constará dun aperitivo na mesa con entrante, un arroz, unha sobremesa, café e viño Denominación de Orixe Rías Baixas.

Esta mañá, á presentación do evento gastronómico asistiron tamén bloggers do sector.