As pistas deportivas da praia de Baltar xa están dispoñibles para gozar do deporte na praia

SANXENXO> Sanxenxo aposta outro verán máis polos deportes na praia. O concello volve instalar en Baltar as pistas multideportivas. Unhas instalacións preparadas na praia para que os afeccionados poderán practicar deportes como o tenis, o voley ou o fútbol. Ademais, tamén se organizarán torneos destas disciplinas tanto para amateurs como para afeccionados.

Apenas remataron de instalar as pistas multideportivas na praia de Baltar, e os nenos e nenas xa se lanzaron a gozar de elas. O concello de Sanxenxo volve lanzar, por terceiro ano, esta iniciativa que permite fomentar o deporte entre que se achegas á praia a gozar do verán.

As disciplinas deportivas que permiten estas pistas sobre a area son varias, como tenis, voley e fútbol. Ademais, as fins de semana tamén terán lugar torneos, entre as novidades deste ano, destaca o campionato de voley para nenos e nenas.

As inscricións están abertas a través da páxina web organizia.com. Os campionatos disputaranse tanto para afeccionados como para profesionais.

A realización dos campionatos no evita o uso libre das instalacións. De luns a venres, as pistas estarán dispoñibles para todos os públicos.

Nos anteriores campionatos, a participación foi un éxito co límite de inscricións case ao completo. Cada vez son máis as persoas as que se achegan a Baltar para gozar da praia e facer deporte.