‘Son infinitamente natural’

PORTO DO SON> O executivo sonense presentou hoxe a súa nova campaña de turismo sostible co lema ‘Son infinitamente natural’. A proposta ofrece cinco experiencias únicas para descubrir un municipio que presenta enormes potencialidades.

A casa de cultura sonense foi o lugar escollido polo Concello para presentar a súa nova campaña de turismo sostible co lema ‘Son infinitamente natural’. E os primeiros en coñecela foron os propios axentes do tecido empresarial, deportivo, cultural e social da vila. Para o goberno a pedra angular, xunto co territorio, deste proxecto que busca mostrar unha imaxe de Porto do Son natural, sostible e cun potencial infinito.

Para iso o Concello editou diverso material, no que se recollen tamén cinco rutas experienciais: Son natureza, Son Aventura, Son Eterno, Son Mar e Son Sabor, presentadas a través dun mapa-folleto e con información ampliada na web municipal mediante códigos QR, a disposición do usuario.

Toda unha serie de novidades que o que buscan non é máis que dar a coñecer as enormes potencialidades de Porto do Son, un municipio do que queda aínda moito por descubrir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí