MEIS> Os nenos e nenas de Meis xa gozan das actividades do Nadal. A LudoMeis nadal comezou a andar coincidindo coas vacacións dos máis pequenos. Nos primeiros días, os máis cativos da vila xa puideron gozar do tren de nadal e da visita de Papa Noel.
O concello de Meis organiza este nadal unha serie de actividades para que os máis pequenos gocen das festas e os máis maiores recuperen a ilusión. A primeira das iniciativas é a LudoMeis de nadal. Unha actividade para entreter aos pequenos durante as vacacións e a súa vez axudar á conciliación familiar.
No inicio do nadal en Meis estivo presente Papa Noel que visitou tanto aos nenos e nenas da LudoMeis como ao resto de pequenos da vila que o agardaron na praza de España.
Tanto Papa Noel, como os nenos e os máis maiores puideron gozar do tren de nadal de Meis. Un viaxe turístico polo concello que ninguén se quixo perder.
O propio Papa Noel afirmou estar moi contento no concello de Meis e que ten preparados regalos para case todos os nenos e nenas.
As actividades de Meis continuarán nas vindeiras datas co espectáculo de Bambolina, a visita do apalpador, unha excursión para os máis pequenos á pista de xeo, a cabalgata de reis e a gala Mesin@s do ano.