Cambados agarda a máis de 500 participantes no torneo de golf V Semana de Ouro do Albariño

CAMBADOS> O concello de Cambados organiza unha nova edición do torneo de golf Semana de ouro do albariño. A competición celebrarase no campo de Meis e agárdase a participación de máis de 500 persoas. A final celebrarase o 25 de xullo con importantes premios para os gañadores.

As festas do albariño de Cambados teñen a súa celebración previa coa disputa da V semana de ouro do albariño, o torneo de golf máis prestixioso da comarca. A competición que se disputa no campo de Meis conta coa colaboración de toda a comarca.

A principal colaboración da competición son adegas. Cada xornada estará patrocinada por unha adega. Dende a Fundación Monte Castrove destacan esta unión de viño e deporte.

O éxito do torneo supón un reclamo para moitos visitantes. A participación, adaptándose á covid, agárdase que rolde os 550 xogadores e xogadoras. Para a Mancomunidade é unha oportunidade para promocionar o turismo na comarca.

Os participantes poderán inscribirse ata o día anterior ao torneo. A inscrición está aberta a todos os públicos pero só os 60 mellores pasarán á final do domingo. O sistema de competición durante a semana será coa modalidade estable.

A competición disputarase do 19 ao 25 de xullo. Os mellores clasificados recibirán agasallos como a folla de prata, lotes de albariño das adegas colaboradoras, meses gratuítos no campo de golf ou un fin de semana nunha casa rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí