Portos investirá máis dun millón de euros na renovación do alumeado dos peiraos do Barbanza

RIBEIRA> A Conselleira facía estas declaracións no transcurso dunha visita a Ribeira para anunciar a licitación do proxecto de mellora de eficiencia enerxética no porto. Substituírase o alumeado en todo o peirao por un sistema led que permitirá reducir o gasto e a contaminación lumínica.

Portos de Galicia está a piques de adxudicar un proxecto de máis de tres millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética nas redes de alumeado en tódolos portos de titularidade autonómica.

Ademais do aforro económico e enerxético, o novo sistema permitirá reducir a contaminación lumínica a través de sensores que adecúan a intensidade ás necesidade de iluminación.

O alcalde e o patrón maior quixeron agradecer este importante investimento que contribuirá a mellorar a ordenación portuaria, ó tempo que se homoxeneiza o alumeado portuario co resto da rede municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí