Xoanes, Memphis, El Golimbreo e El Olivo gañadores da ruta de tapas Barbanza-Arousa

BOIRO> O restaurante Xoanes de Boiro, El Olivo na Pobra, o Golimbreo en Ribeira e o Memphis de Rianxo foron os catro locais gañadores da última edición do concurso Máis que Tapas organizado pola mancomunidade Barbanza Arousa e que se desenvolveu durante os meses de novembro e decembro pasados.

Dende a entidade fixeron unha valoración moi positiva da iniciativa, que chegou este ano a súa oitava edición, na que participaron uns 60 establecementos hostaleiros de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Dende Barbanza-Arousa agradeceron tamén a implicación do hostalería, pero tamén das empresas de actividades de lecer que colaboraron coa proposta coa entrega de varios premios sorteados entre ós participantes.

Unha fórmula que aplauden dende a Mancomunidade  xa que busca unir esforzos entre o turismo activo e a enogastronomía, para convertela nunha oferta única e diferencial.

Tamén se destacou o compromiso das tres adegas da zona con viños da IXP Barbanza e Iria que colaboraron coa ruta de tapas: Entre os Ríos, Saborido e Cazapitas.