Galicia terá verbenas este verán

PONTEVEDRA> A Asociación Galega de Orquestras está convencida de que haberá verbenas este verán. O que está aínda por determinar é cando e baixo que medidas poderán celebrarse. O sector agarda con ansia o momento de volver a subirse ao escenario.

Galicia non renuncia ás verbenas. Este verán volveremos a gozar da música e do baile das orquestras. Á espera do que decida á Xunta e o Goberno do Estado, todo apunta a que os cantantes e músicos galegos volverán a subirse ao escenario a mediados de xullo.

Iso si, borrádevos da mente a imaxe tradicional de verbena porque este ano haberá límite de aforo e haberá que manter as distancias sociais, así que o de bailar agarrados quedará soamente para os círculos máis íntimos.

En Galicia hai actualmente unhas 130 orquestras. Ningunha delas quere perder aos seus traballadores pero a incerteza do que acontecerá nos vindeiros meses pon en risco á súa supervivencia.

A Asociación Galega de Orquestras pide ás comisións de festas que non suspendan as verbenas este verán porque están convencidos de que se pode desfrutar da música ao mesmo tempo que se garante a seguridade.

2 COMENTÁRIOS

  1. O titular paréceme, canto menos, atrevido dando por seguro que se van a celebrar as verbanas cando ainda non se sabe nada. Só hai a intención da Xunta de presionar o Goberno central para que permita a celebracion das verbanas. Celebracion que de producirse estará moi acotada, cun aforo máximo permitido, quizais co público sentado e veremos en que condición se permite a famosa cantina. Pero por favor informemos con coñecemento de causa sin dar por suposto nada.

    • Grazas polo teu comentario Borja. No artículo dase voz ao Presidente da Asociación Galega de Orquestras, Manuel Fariña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí