OUTES> Os nacionalistas tamén solicitarán a modificación da actual Lei Eólica de Galicia.
A voceira municipal do BNG en Outes, María Xosé Suárez, e a deputada Rosana Pérez, compareceron en rolda de prensa para denunciar as presuntas irregularidades, que segundo elas, se observan no proxecto do parque eólico previsto para o monte da Pena, compartido polos concellos de Outes e Negreira.
Segundo María Xosé Suárez, o BNG xa presentou en 2019 unha moción no Concello para comezar os trámites para declarar esta zona coma espazo natural de interese local, do que polo de agora nada se sabe.
Ante a parálise existente, o BNG presentará unha iniciativa no Parlamento solicitando a paralización cautelar do proxecto para sometelo a un estudo pormenorizado, no que se avalíen os pros e os contras do proxecto.
Os nacionalistas tamén reclamaránen sede parlamentaria a modificación da actual Lei Eólica de Galicia.