RIBEIRA> As ANPAS dos centros educativos de Ribeira denuncian que levan dende o 2018 sen cobrar as axudas convocadas polo concello. A pesar de ter presentado a solicitude en tempo e forma, as subvencións non foron resoltas polo que se lles adebedan catro anualidades.
As 11 ANPAS de distintos centros educativos de Ribeira levan tempo reclamando ó concello o pago das subvencións que convocan anualmente para axudar a estes colectivos. A última que se fixo efectiva foi a de 2017 estando pendentes de resolución as convocatorias de 2018, 19, e 21 posto que en 2020 non se chegaron a convocar pola covid e a de 2022 non se publicou aínda. Malia que nun primeiro momento, o concello informoulles de que non podería facer efectivas de ditas subvencións finalmente accedeu ó pagamento da contía adebedade, habilitando unha partida extraordinaria.
A pesar de non ter cobrado as axudas, as ANPAS seguiron a cumprir coas bases da convocatoria, incluíndo o logo do concello en tódalas actividades e indicando que estaban subvencionadas pola administración local.
Esixen ó concello que aboe no menor tempo posible as contías concedidas ás entidades beneficiaria e que publiquen a convocatoria para o 2022.