Moraña e Valga impulsan un segundo obradoiro de emprego para formar a 20 veciños

VALGA> Moraña e Valga continúan da man no impulso de novas iniciativas para o fomento da inserción laboral. Esta mañá, os dous concellos deron o pistoletazo de saída a un segundo obradoiro de emprego impulsado pola Xunta. Durante os vindeiros 9 meses 20 alumnos recibirán formación nos módulos de forestal e carpintaría.

Moraña e Valga continúan unidas na creación de novas accións formativas para o fomento da empregabilidade. Os dous concellos inauguraron esta mañá un novo obradoiro de emprego, financiado pola Xunta, cos módulos de Forestal e Carpintería.

A acción formativa vaise desenvolver ó longo dos vindeiros nove meses. En cada un dos módulos participan 10 persoas, co obxectivo de conseguir un posto de traballo en sectores cunha demanda crecente.

Ademais, da formación, o alumnado porá en práctica as súas aprendizaxes con actuacións concretas tanto en Moraña como en Valga.

Ademais deste obradoiro que comezou hoxe, nestes dous concellos xa está en marcha dende hai pouco máis dun mes outra iniciativa laboral.

Nesta comarca desenvolverase tamén unha terceira iniciativa baixo o formato dual que se vai desenvolver no concello de Caldas. Vaise inaugurar na xornada de mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí