Rolda de contactos en Ribeira para aprobar os orzamentos municipais

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, iniciou unha rolda de contactos co resto de grupos políticos da corporación municipal de cara á poder aprobar durante este verán os Orzamentos Municipais. A intención destas conversas reside en recibir as súas inquietudes e suxestións coa fin de telas en conta á hora de elaborar este documento e que a súa aprobación poida chegar a bo porto.

Para o rexedor o feito de poder dispor duns novos orzamentos resulta indispensable para a consecución de diversas infraestruturas industriais, sociais e deportivas, así como para continuidade de servizos básicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí