Os ladróns volven facer das súas en Ribeira

RIBEIRA> Unha das súas últimas vítimas foi o bar Armando, en Carreira. Accederon ó local pola parte traseira, despois de rebentar unha reixa e entrar pola fiestra.

Así de indignado se sente Armando despois de ver como os ladróns lle deixaron o establecemento a pasada noite. Entraron pola parte traseira do local, despois de arrancar a reixa da fiestra.

Polo de agora aínda non fixo balance do roubado. Bota en falla numerosas cousas, principalmente bebida, pero o que máis lle preocupa son os cuantiosos danos causados.

Por desgraza, non é o primeiro roubo que sufre, algo que xa asume con certa naturalidade.

A Policía Nacional e tamén a Local iniciaron xa unha investigación para tratar de dar co paradoiro do posible autor ou autores dos feitos. As sospeitas existen, pero polo de agora non hai nada en firme.

Mal que mal, Armando trata de levantar cabeza despois do acontecido. Despois de superar o enfado e o maltrago inicial, hoxe atendía da mellor forma que pode ós seus clientes habituais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí