Sesións de teatro afeccionado e monólogos no ‘Marzo a Escena’ de Ribeira

RIBEIRA> O auditorio de Ribeira acollerá ó longo deste mes de marzo varias sesións de teatro afeccionado e dous monólogos. A entrada para todos estes espectáculos será de balde pero será preciso retirar invitación media hora antes do comezo de cada función.

A programación cultural do mes de marzo en Ribeira vén cargada de teatro. No marco do programa ‘Marzo a Escena’ o auditorio acollerá tódolos sábados do mes unha función de teatro afeccionado. A agrupación teatral Mariñán será a encargada de levantar o pano con ‘Croquetas’ o día 8 de marzo. Seguiralle ‘As Vellas non deben Namorarse’ do Grupo de teatro Airiños de Rianxo o sábado 15.

A programación inclúe tamén dous monólogos profesionais. O primeiro será o venres 14 de marzo a cargo de Bea Campos.

Tomará o relevo o cómico Isi co seu espectáculo o venres 28. Os monólogos serán os venres as nove e cuarto da noite mentres que tódalas funcións de teatro están programadas para os sábados ás oito. Serán de balde e as portas abrirán media hora antes do comezo.