O derrube de inmobles favorecerá a accesibilidade en varios puntos de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira segue a apostar pola accesibilidade con varias actuacións que permitirán ampliar dous puntos críticos da súa rede viaria. Un, na curva da Muiñeira, en Carreira, e o outro na rúa Romero Ortiz onde se construirá un parque infantil.

O pleno xa dou luz verde ó proxecto que permitirá a adquisición e o derrube das vivendas situadas na curva da Muiñeira en Carreira para a ampliación da estrada neste punto moi conflitivo onde se producen frecuentemente atrancos ante a presenza de pvehículos pesados.

Esta actuación vense sumar a outras similares acometidas polo goberno como a recente compra de dúas vivendas na rúa Romero Ortiz para ensanchar o vial e construír un parque infantil ou a inminente adquisición dun inmoble na rúa Fernández Oujo para a súa ampliación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí