Vilagarcía celebrará unha nova edición do festaclown con 25 espectáculos

VILAGARCIA> Vilagarcía celebrará unha nova edición do festaclown con 25 espectáculos. As diferentes actuacións realizaranse en diferentes puntos da vila, con entrada gratuíta pero con capacidade limitada. O festival manterá de novo a súa vertente solidaria colaborando con diferentes asociacións.

As festas de San Roque de Vilagarcía xa non se entenden sen a celebración do Festaclown. O festival leva os seus espectáculos a diferentes puntos da vila. Nesta sétima edición estará composto por 25 actuacións.

O festival celebrarase este ano no seu formato habitual con espectáculos máis concentrados e onde destaca sobre todo a música. O festaclown chega para que a veciñanza de Vilagarcía recupere o sorriso.

O que se mantén no Festaclown é a súa rama máis solidaria. O festival continuará colaborando con diferentes asociacións.

O Festaclown conta tamén co apoio da Xunta de Galicia. Dende Agadic destacaron o seu apoio á cultura e aos artistas.

Todas as actuación son de balde e contarán con todas as medidas sanitarias. A entrada será por orde de chegada pero cun máximo de ocupación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí