Meis celebra unha exitosa festa dos callos con ao redor de 5 mil racións vendidas

MEIS> O concello de Meis vive hoxe o seu día máis grande das festas coa celebración do San Bieito. Os festexos están sendo un éxito e no día de onte miles de persoas de toda Galicia achegáronse a gozar das festas do callos. Dende o concello estiman que se venderon unhas 5 mil racións deste produto.

O concello de Meis está de celebración e este luns gozará do día máis grande das Festas de San Bieito. Uns festexos que comezaron o xoves e que tiveron o domingo un dos seus eventos máis agardados, a festa dos callos. Esta cita atrae a miles de persoas de toda a comunidade para degustar o prato estrela de Meis.

Dende o concello cualificaron a festa como un éxito. Sinalaron a importancia para Meis de poder volver a xuntar a toda a veciñanza no campo da feira e destacaron a labor dos organizadores e da cociñeira. As súa estimación é que se venderon unhas cinco mil racións de callos.

A festa do callos tamén conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Dende a administración autonómica destacan a importancia destas festas gastronómicas para continuar potenciando a provincia.

A música tamén é parte importante das festas de San Bieito. Ao longo da fin de semana actuaron orquestras, Kiko Veneno e a Duendeneta. E este luns a actuación correrá a cargo de Crónicas del Pop.