PORTAS> A pesar de que a situación mellora nas áreas sanitarias, aínda hai concellos que rexistran unha importante cantidade de casos activos. Un deles é o concello de Portas. Por iso, o goberno municipal solicitou á consellería realizar un cribado entre os mozos de 16 a 30 anos.
Os datos que chegan dende a consellería de sanidade, indican que a quinta vaga comeza a descender na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Pero esta situación non se dá en todos os concellos, algunhas vilas aínda rexistran unha importante cantidade de casos activos. Unha delas é Portas. De aí que o Sergas decidise realizar un cribado a petición do propio concello.
O obxectivo do cribado é detectar aos casos asintomáticos e evitar a propagación do virus.
O cribado está destinado a preto de 700 mozos de entre 16 e 30 anos. Franxa de idade na que máis se están a dar os contaxios.
Dos preto dos 700 convocados, máis de 200 xa se presentaron ao longo da mañá. A participación é fundamental para coñecer a situación real da vila.