CALDAS> Un mozo de Caldas entre os cofundadores de Velca, unha empresa de ciclomotores eléctricos punteira a nivel nacional. O rapaz tivo a idea de montar a compañía tras traballar en Suecia e Alemaña en empresas dedicadas aos patinetes eléctricos. En tan só dous anos de existencia, xa miran ao resto de Europa para ampliar as súas vendas.
A venda de ciclomotores eléctricos experimentou unha gran subida nos últimos, e parte desta éxito, débese a Emilio Froján, un mozo de Caldas que fundou, xunto con catro compañeiros a empresa Velca.
A idea xurdiu despois de que este mozo estivese traballando en Alemaña e Suecia nunha empresa de patinetes eléctricos. Cos coñecementos adquiridos deseñou o seu propio vehículo.
A principal fortaleza de Valca é que os seus vehículos poden cargarse en calquera toma de corrente convencional.
Os cinco non o dubidaron e dedicaron os seus cartos e o seu tempo para levantar no 2019 Velca. A pandemia complicoulles os inicios, pero tras 2 anos xa son a primeira marca de motos eléctricas na península. A pesar da súa corta vida, os seus obxectivos xa miran a outros países europeos como Francia, Alemaña e Italia.
Os puntos de venta de ciclomotores Valca en Galicia atópanse en Coruña, Vigo e Santiago. Dende a empresa estudan a posibilidade de crear na comunidade un novo centro de produción.
Dende Valca son moi optimistas de cara ao futuro, especialmente, cando as grandes cidades europeas aumentan cada vez máis as súas restricións aos vehículos de combustión. Unhas medidas que non afectan aos seus ciclomotores ao tratarse de vehículos verdes e sustentables.