A reforma da EP-0018 mellora a seguridade do acceso ao Santuario dos Milagros de Amil

MORAÑA> O concello de Moraña e a deputación de Pontevedra colaboraron para mellorar a estrada provincial na contorna do Santuario dos Milagros de Amil. A obra contou cun investimento de 165 mil euros. A reforma fíxose co obxectivo de garantir a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

O acceso ao Santuario dos Milagros de Amil en Moraña carecía da seguridade necesaria tanto para os peóns como para os vehículos. Por este motivo o concello solicitou a colaboración da deputación para mellorar o acceso pola estrada provincial 0018. A reforma tivo un custo de 165 mil euros.

A alcaldesa resaltou a importancia para a parroquia desta obra.

A reforma tivo unha gran dificultade debido as características do contorno.

Ambas administracións mostraron a súa disposición para seguir realizando melloras en Moraña. A alcaldesa asegurou que o seguinte obxectivo é continuar mellorando esta estrada e as súas berarrúas ata a zona de barro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí