PONTEVEDRA> Outra festa que por segundo ano non se celebrará é a Feira Franca de Pontevedra. Esta mañá o goberno local anunciou a súa decisión de suspender a cita pola situación epidemiolóxica. Segundo a concelleira de festas, a propia esencia da festa, baseada nas reunións de persoas, fan inviable a súa celebración.
Pontevedra tampouco gozará este ano dunha das citas máis populares do seu calendario festivo. E é que, segundo da Silva, a propia esencia da Feira Franca fai inviable a súa celebración.
A organización complicarase máis aínda trala entrada en vigor mañá mesmo das novas restricións que a Xunta de Galicia aplicará á hostalería.
Así que o 4 de setembro non haberá festa e tampouco se instalará ningún tipo de decoración medieval que poida levar á veciñanza a confusións.
Carme da Silva explicou que os recursos que se destinarían a organizar a edición deste ano utilizaranse para renovar algúns dos elementos cos que se decoran as rúas. Cargando baterías xa para a Feira Franca 2022.