A Xunta entrega en Ribeira os Premios do Deporte Galego

RIBEIRA> O auditorio municipal de Ribeira vestiuse de gala para acoller unha nova edición dos Premios Deporte Galego.

Tras tras tres anos sen celebrala a consecuencia da pandemia, a Xunta decidiu retomar este ano esta cerimonia na que se premiou as persoas e entidades do deporte galego que máis destacaron dende 2019 a 2022.

A gala contou coa presenza de numerosas autoridades, entre as que se atopaban o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que estivo acompañado polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, ou tamén o alcalde da localidade, Manuel Ruíz.

Na súa intervención Rueda destacou o alto nivel do deporte galego nos últimos anos, e o apoio que se fai dende o Goberno Galego.

Nesta edición premiáronse a un total de 22 deportistas e entidades, divididos en 18 categorías.

O premio á mellor deportista feminina foi compartido polas medallistas olímpicas Teresa Portela e Ana Peleteiro. A atleta ribeirense non puido estar presenta na gala, aínda que enviou un video que se emitiu durante a entrega.

Tampouco estiveron na gala a piragüista Antía Jácome agraciada como mellor deportista revelación e o tenista vigués en cadeira de rodas Martín de la Puente premiado na categoría de discapacidade.

Si estiveron o palista Carlos Arévalo que recibiu o galardón coma mellor deportista na categoría masculina a atleta Adiaratou Iglesias mellor deportista femenina con discapacidade.

Outros dos premiados foron o seleccionador español de baloncesto, Miguel Méndez coma mellor adestrador, o Club Cidade de Lugo Fluvial de triatlón e o Club Deportivo Burela Fútbol Sala coma mellores clubs en categoría masculina e feminina respectivamente.

Na categoría de discapacidade os clubs premiados foron o Deportivo e o Lugo polos seus equipos Genuine.

O Básquet Coruña foi recoñecido tamén como o club con mellor promoción da base.

Nesta gala en Ribeira tamén se premiou ó árbitro de tenis Manuel Franco Ojea e ás Escolas de balonmán Xiria e Bueu Atlántico.

Os Mundiais de Loita sub-23 e grappling de Pontevedra en 2019 e a Volta Ciclista O Gran Camiño 2022 tiveron tamén o seu recoñecemento coma os eventos máis destacados, como tamén o tivo o IES Manuel García Barros, da Estrada, como mellor entidade educativa