VILAGARCIA> Satisfacción entre o sector hostaleiro polas novas medidas impostas pola Xunta de Galicia. Os hostaleiros reiteran que son parte da solución e que non foron so culpables da subida dos casos. Tamén piden que se flexibilicen as medidas co ocio nocturno para que poidan recuperar o seu traballo.
O descenso de casos activos en toda a comunidade, levou á Xunta de Galicia a flexibilizar as medidas na hostalería. Dende o vindeiro sábado, os locais que se atopen en concellos de zona alta abrirán os seus interiores a un 30% e os exteriores a un 50%, no nivel medio a ocupación será de 50% en interiores e 100% exteriores e no nivel baixo, 75% interiores e 100% exteriores. O sector hostaleiro móstrase satisfeito con estas melloras.
Dende o sector sinalan que o problema sempre estivo nas reunións privadas. Por iso, piden mellores condicións para o ocio nocturno que favorezan a evitar os botellóns na rúa ou nas vivendas.
O sector celebra que o Tribunal Superior de Xustiza non aceptara a norma que obrigaba aos locais a pedir os certificados de vacinación. Tamén piden á xunta que se reúna con eles para tomar medidas que se adecúen as súas necesidades.
Con estas novas medidas e coa chegada do bo tempo, as previsións do sector para a segunda quincena do mes de agosto son moi boas.