A Fundación Galega Contra o Narcotráfico homenaxerá a 4 colectivos que loitan contra a droga

VILAGARCIA> A fundación galega contra o narcotráfico presenta a súa gala anual. Tras dous anos de ausencia, a fundación recupera un evento que serve para homenaxear a aquelas persoas, colectivos ou administracións que traballan contra o narcotráfico ou os seus efectos. A cita contará coa actuación da escola de municipal de música Bernardo del Río.

Tras dous anos de ausencia, a fundación galega contra o narcotráfico recupera a súa gala anual. Un evento que se celebrará o día 22 de abril no auditorio de Vilagarcía e que ten como obxectivo homenaxear a aquelas persoas, colectivos ou administracións que traballan contra o narcotráfico ou os seus efectos.

Nesta décimo sexta gala entregaranse 4 premios nécora. Os galardoados coñeceranse nas vindeiras datas. O evento contará coa actuación musical da escola municipal Bernardo del Río.

A gala celébrase no auditorio de Vilagarcía garantindo todas as medidas sanitarias. Dende o concello destacan a labor que realizan dende a fundación.

A gala estará aberta a todos os públicos e a entrada será gratuíta ata que se complete a capacidade máxima de ocupación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí