A totalidade das praias de Noia e Rianxo ‘libres’ de fume

NOIA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, puxo en valor esta mañá na praia noiesa de Boa Grande, o programa ‘Praias sen Fume’ da consellería de Sanidade. Con el a Xunta pretende concienciar, sobre todo nos máis novos, da importancia dunha vida sen tabaco.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, escolleu o areal de Boa Grande en Noia, para poñer en valor o programa da consellería de Sanidade ‘Praias sen Fume’. Noia é un dos 11 concellos da provincia da Coruña, entre os que se atopa tamén Rianxo, que acadou o diploma de ouro, que acredita ter declaradas sen fume de tabaco tódalas praias do municipio.

Trenor destacou a importancia deste programa, do que Galicia foi pioneiro no ano 2016, co que se pretende contribuír a promover unha vida sen tabaco, desnormalizando o seu consumo e ó tempo coidando tamén o medio ambiente.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, aproveitou tamén a visita ó areal para destacar as actuacións realizadas nos últimos anos na praia. Unha das últimas foi a mellora da súa accesibilidade, grazas tamén a unha achega da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí