Vilagarcía realizará 9 actividades para fomentar o exercicio físico na semana europea da mobilidade

VILAGARCÍA> Pola túa saúde, móvete de forma sostible. Baixo este lema, o concello de Vilagarcía presenta a programación da semana da mobilidade. Serán un total de 9 actividades repartidas entre o xoves 16 e mércores 24.

A aposta do concello de Vilagarcía pola mobilidade sostible é un dos seus piares dende que o goberno de Varela chegou a alcaldía no 2015. Dende entón a vila está mudando o seu aspecto coa creación das ciclovías e, ademais, cada ano súmase á celebración da semana europea da mobilidade. O concello presentou a programación deste ano baixo o lema pola túa saúde, móvete de forma sostible.

Do 16 ao 24 de setembro, o concello organizará 9 actividades diferentes para fomentar a actividade física.

Entre as actividades, destacan a ruta en bicicleta pola Vía Verde e o paseo nocturno. Unha xornada que demostra que a mobilidade sostible é posible tamén polas noites.

As actividades están abertas ao público de todas as idades e sen límite de prazas. Entre as xornadas, tamén teñen o seu espazo os máis pequenos co chamado, urbanismo táctico. Dúas actividades nas que os nenos e nenas farán un debuxo na Avenida da Mariña e ademais recibirán unha charla do ciclista Gustavo Veloso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí