Boas impresións na reapertura da campaña marisqueira de Noia

NOIA> Os mariscadores de Noia volveron esta mañá ó traballo despois dun paro de varias semanas trala campaña de Nadal. As impresións foron boas nesta primeira xornada na que constataron a abundancia de berberecho e ameixa, agás a babosa.

Non houbo sorpresas. Na volta á actividade os mariscadores de Noia atoparon as concesións tal e como as deixaran a principios de xaneiro cando pecharon as autorizacións para darlle un respiro ó mercado trala campaña de Nadal. Constataron neste reapertura de campaña a presenza de abundante marisco.

Tamén destacaron a boa calidade, especialmente da ameixa posto que na zona onde están a traballar o berberecho é máis pequeno que antes do peche.

A pesar das boas impresións desta boa xornada, a evolución da campaña dependerá dos prezos que acade o marisco nas vindeiras semanas. A intención da confraría é prolongar a actividade ata mediados do mes de abril.

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí