PONTEVEDRA> En Pontevedra, os dous partidos do goberno, BNG e PSOE, seguen sen atopar unha postura común no traslado do mercado ambulante á Alameda. Mentres que os socialistas aseguran que será unha realidade a finais deste mes, para os nacionalistas a medida provocará importantes cambios na zona. Por iso piden tempo de reflexión e consideran que este momento a finais de mandato non é o máis axeitado.
O BNG de Pontevedra segue sen ver con bos ollos o traslado da feira á Alameda.
Aínda que respectan o reparto de competencias cos seus socios de goberno, os nacionalistas cren que este momento, a finais de mandato, non é o máis axeitado para tomar esta decisión. E recordan que un traslado definitivo non está recollido na actual ordenanza de mercados.
Como concelleira de festas, Carme da Silva recordou que a Alameda é un espazo utilizado en numerosas citas ao longo do ano en Pontevedra.
A pesares destas reticencias do BNG, os socialistas insisten en que o traslado se realizará os sábados 22 ou o 29 deste mes de abril. Onte volveron facer medicións na Alameda, asegurando que se reducirá ao máximo a entrada de vehículos.
A intención de Blanco é acompañar a primeira xornada de feira na Alameda con actividades complementarias para organizar unha gran festa.











