PONTEVEDRA> Hoxe, 23 de febreiro, cúmprense xa dous anos da invasión rusa de Ucraína. Un triste aniversario que tivo o seu eco en Pontevedra. Un grupo de cidadáns ucraínos concentráronse ás portas da Subdelegación do Goberno para reclamar o cese do conflito, despois de manter unha reunión co subdelegado, Abel Losada. Calcúlase que a día de hoxe Galicia acolle unhas 3.000 persoas que fuxiron desta guerra.
O 23 de febreiro de 2022 comezaba a invasión rusa de Ucraína. Máis de 6 millóns de cidadáns abandonaron o país e buscaron refuxio en diferentes puntos de Europa. Actualmente, Galicia acolle a 3.000 ucraínos.
Hoxe representantes das asociacións AGA-Ucrania e Asociación de Ucranianos de Galicia Girasol foron recibidos en Pontevedra polo subdelegado do Goberno. Un encontro no que agradeceron a Abel Losada o apoio das administracións españolas. Tamén lle trasladaron algúns dos problemas burocráticos cos que se atopan estes refuxiados.
Trala reunión, concentráronse na escalinata da Subdelegación para reclamar o cese deste conflito e para recordar á cidadanía que continúa activo.
Ademais, da fachada da Subdelegación colgáronse dúas bandeiras ucraínas en sinal de solidaridade co pobo atacado.