Veciños e goberno de Meis comezan unha marcha a Santiago para esixir á consellería melloras sanitarias

MEIS> Os veciños de Meis comezan na Armenteira unha marcha a Santiago para protestar polas deficiencias da sanidade da vila. O grupo realizará o traxecto en tres tramos: o primeiro ata Vilanova, o segundo en barco ata Pontecesures e a pé ata as proximidades de Santiago e o terceiro ata a praza do Obradoiro.

O concello de Meis leva meses intentando que sanidade resolvas as deficiencias coas que se atopan os seus centros médicos. Problemas de atención aos veciños que o concello canaliza para chegar á consellería. Fartos de non atopar unha solución. O goberno de Meis xunto cun grupo de veciños iniciaron hoxe unha marcha cara Santiago.

A esa hora xuntaranse cos veciños que non puideron ir a pé pero viaxarán en autobús a Santiago. Todos xuntos camiñarán cara a Praza de Obradoiro para esixir solucións á consellería.

Ademais da marcha, o goberno tamén entregará todas as sinaturas recollidas na vila contra as numerosas deficiencias coas que contan os centros sanitarios.

A esta necesidades tamén se une a petición do servizo de matrona do que a vila carece dende os últimos meses. Outra cuestión sanitaria que afecta a Meis é a creación do seu novo centro sanitario. Un técnico da consellería estivo a semana pasando revisando as posibles localizacións do novo ambulatorio facendo unha valoración negativa dos terreos.